marzo de 2012
i.20. Innovación empresarial en Galicia. 20 casos de éxito
i.20. Innovación empresarial en Galicia. 20 casos de éxito
"i.20, un relato que fía unha vintena de casos de éxito de innovación empresarial construídos en Galicia co i por diante. I de innovación e internacionalización, i de imaxinación e iniciativa, pero, sobre todo, i de ilusión. Aquí cóntanse historias moi diferentes: de empresas familiares con gran traxectoria e de negocios incipientes; de innovación en produto, en servizo, en organización, en distribución ou en mercadotecnia; de sectores de actividade tradicionais na economía galega ou en plena eclosión; do interior e da costa… pero, a pesar da variedade, cun denominador común: o ímpeto, o esforzo, as ganas de competir e, por todo iso, un proxecto de vida empresarial cheo de ilusión e confianza no futuro"